6 de xuño de 2011

GUYI-GUYI

Guyi-Guyi é un conto do autor taiwanés Chi-Yuan-Chen editado por Thule editores.


Un crocodilo nace por accidente no niño dunha familia de parrulos. Guyi Guyi é tan feliz que non se decata do diferente que é dos seus irmáns.
Pero un día Guyi Guyi, atopa tres malvados crocodilos que intentan convencelo de que non é un parrulo e lle piden que engane a súa familia para poder devorala ao día seguinte. Guyi Guyi séntese incapaz de facelo e elabora un intelixente plan para salvar a súa familia. Os crocodilos escaparán para non volver nunca máis e Guyi Guyi converterase nun heroe e seguirá vivindo feliz a súa vida de "cocopato".

O autor explica que escribiu este conto por unha conversación cun amigo de orixe coreana que fora adoptado por unha familia estadounidense, e das dificultades que viviu ao ter que adecuarse as dúas culturas tan diferentes.

Guyi Guyi foi un dos contos máis premiados do mundo nos últimos anos,

entrou en 2004 no listado de «Best Sellers del New York Times» e gañou tamén ese ano o Butterfly Awards de Taiwan ao mellor álbum ilustrado, e toda a crítica americana dedicoulle grandes loanzas.

O grupo de Teatro de Títeres Periferia fixo unha adaptación libre deste conto. Podemos ver un pouquiño do seu espectáculo de marionetas da obra "Guyi-Guyi" neste pequeno vídeo



Preme na imaxe do conto e accederás á Guía didáctica de Guyi-Guyi elaborada polo Grupo de Teatro de Títeres Periferia.

Ningún comentario:

Publicar un comentario