13 de maio de 2012

PINGÜIN

CO GRUPO DE TEATRO PERIFERIA VIAXAREMOS AO POLO SUR PARA COÑECER A BOBO E A SÚA FAMILIA. NO POLO SUR, UN DOS POUCOS LUGARES DO PLANETA QUE SE CONSERVA NO SEU ESTADO MÁIS NATURAL, ENCONTRÁMONOS OS PINGÜÍNS. A FAMILIA PINGÜIN, PROTAGONISTA DESTA HISTORIA, VIVE NUNHA ENVEXABLE HARMONÍA: PAPÁ PINGÜIN PESCA POLA MAÑÁS E POLAS TARDES COIDA DA CASA; MAMÁ PINGÜIN POLAS MAÑÁS COIDA DA CASA E POLAS TARDES PESCA; E O PEQUENO BOBO FAI O QUE MÁIS LLE GUSTA: COME E XOGA TODO O DÍA. PERO ALGO ESTÁ CAMBIANDO... BOBO ESTÁ A PUNTO DE VIVIR UNHA SORPRENDENTE AVENTURA. HOXE OS SEUS PAPÁS DIXÉRONLLE QUE VAI TER UN IRMÁN!

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...