6 de marzo de 2015

ROBÓTICA EN EDUCACIÓN INFANTIL

ACHEGAR AOS NENOS DESDE IDADES TEMPERÁS ÁS CIENCIAS DAS COMPUTADORAS, FOMENTA HABILIDADES COMO A RESOLUCIÓN DE PROBLEMAS, MELLORA A LÓXICA E A CREATIVIDADE.

INICIAMOS A NOSA ANDAINA NO MUNDO DA ROBÓTICA DA MAN DA NOSA ABELLIÑA (BEE-BOT).
A NOSA ACTIVIDADE: "XOGANDO CO NOME DE ROSALÍA"

1. ESCRIBIR O NOME DA ESCRITORA NO CHAN CON XIZ.

2. COLOCAMOS O NOSO TABOLEIRO COA CARICATURA DA ESCRITORA, PUNTO DE PARTIDA DO NOSO BEE-BOT, E AS LETRAS. 

3. PROGRAMAMOS A NOSA ABELLIÑA (DIRECCIÓN EN SECUENCIAS ADIANTE, ATRÁS, ESQUERDA, DEREITA) PARA QUE SIGA O CAMIÑO DAS LETRAS DO NOME DA ESCRITORA. 

DESCARGAMOS A APP DE BEE-BOT AO NOSO IPAD
APP QUE RECREA AS FUNCIÓNS DO TECLADO DO ROBOT TRABALLANDO A PROGRAMACIÓN, A DIRECCIONALIDADE E OS XIROS DE 90º.  
PODEMOS FACER PROGRAMACIÓN CO ALUMNADO NO ORDENADOR DE DIFERENTES ETAPAS EDUCATIVAS NO SEGUINTE ENLACE "HORA DO CÓDIGO"

AGRADECER AO MESTRE DE TECNOLOXÍA JAVIER MÉNDEZ ZUNZUNEGUI , QUE COMPARTISE OS SEUS COÑECEMENTOS E PROPOSTAS DIDÁCTICAS, DIRIXIDAS A ALUMNADO DE DIFERENTES ETAPAS EDUCATIVAS, NAS XORNADAS DE ROBÓTICA E REALIDADE AUMENTADA CELEBRADAS EN VIGO.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...