27 de abril de 2017

A GALIÑA AZUL, CURTA DE ANIMACIÓN CON STOP MOTION

CARLOS CASARES, AUTOR HOMENAXEADO NAS LETRAS GALEGAS 2017
CARICATURA DE CARLOS CASARES REALIZADA POR GABRIELA DE 4ºA



O ALUMNADO DE 4º DE PRIMARIA, OS NENOS E NENAS DE 4 ANOS E AS MESTRAS, REALIZAMOS UN TRABALLO COLABORATIVO PARA PODER CREAR ESTA CURTA DE ANIMACIÓN EN PLASTILINA DA OBRA "A GALIÑA AZUL", DE CARLOS CASARES.


A GALIÑA AZUL - CARLOS CASARES from Julia Pérez on Vimeo.

GATUXO, DE MAGIN BLANCO

O VENRES DÍA 5 DE MAIO ASITIREMOS AFUNDACIÓN PARA GOZAR CO ESPECTÁCULO MUSICAL E TEATRAL DE "GATUXO". PODEMOS VER UNHA PEQUENA MOSTRA DO QUE ACONTECERÁ NO SEGUINTE VIDEO

17 de abril de 2017

APRENDENDO SOBRE A RECICLAXE COS BOLECHAS

NOVO VÍDEO DOS BOLECHAS: SABES CAL É A COR DO COLECTOR?. NA COMPAÑA DESTA FAMOSA FAMILIA, APRENDEREMOS A SEPARAR OS RESIDUOS. NON TE PERDAS ESTE CONCURSO PRESENTADO POR LOLI BOLECHAS,  NO QUE PARTICIPARAN CARLOS, PILI, BRAULIO E SONIA. TATÁ E CHISPA ANIMARÁN AOS CONCURSANTES.

MÁIS RECURSOS EDUCATIVOS EN SOGAMA

1 de abril de 2017

MARUJA MALLO, DÍA DAS ARTES GALEGAS

O NOSO ARTIGO DE AULA DE FARO DA ESCOLA


Leer más publicaciones en Calaméo

MURAL REALIZADO CO ALUMNADO DE 4 ANOS SOBRE A PINTORA MARUJA MALLO

ESTAS SON ALGUNHAS DAS FOTOS DE AULA REALIZANDO O MURAL



21 de marzo de 2017

21 DE MARZO, DÍA DA POESÍA

SEGUIMOS TRABALLANDO NO NOSO PROXECTO DA PINTORA MARUJA MALLO E APRENDEMOS UNS POEMAS, DE DOUS ESCRITORES, PERTENCENTES A SÚA XERACIÓN, A DO 27.
SON FEDERICO GARCÍA LORCA E RAFAEL ALBERTI, AMIGOS DE MARUJA MALLO.
NESTE MURAL INTERACTIVO PÓDENSE ESCOITAR OS POEMAS RECITADOS POLO ALUMNADO DE 4 ANOS, ASÍ COMO O LIBRIÑO QUE DECORARON COS POEMAS.



TAMÉN PINTAMOS A BOLBORETA DORADA E VERDE DO POEMA DE LORCA PARA DAR A BENVIDA A PRIMAVERA  E DECORAR A ENTRADA DA AULA.


12 de marzo de 2017

"MÁSCARAS" MARUJA MALLO

RECANTO DE ARTE NA AULA, COS CADROS E FOTOS DA PINTORA MARUJA MALLO

DURANTE O MES DE FEBREIRO DESENVOLVEMOS UN PEQUENO PROXECTO SOBRE CHINA, AO MESMO TEMPO QUE SEGUIMOS FACENDO TRABALLOS SOBRE A PINTORA GALEGA MARUJA MALLO. 
COMO ESTABAMOS PREPARANDO O ENTROIDO, PINTAMOS ENTRE TODOS OS NENOS E NENAS DA AULA DE 4 ANOS, O CADRO TITULADO "MÁSCARAS".
PARA REALIZAR ESTES CADROS DE MÁSCARAS, MARUJA MALLO INSPIROUSE NAS ARTES TRADICIONAIS AMERICANAS.
AS SEGUINTES IMAXES SON UNHA PEQUENA MOSTRA DO PROCESO.


ESTE É O NOSO TRABALLO REMATADO!!!

8 de marzo de 2017

8 DE MARZO, DÍA INTERNACIONAL DA MULLER

NESTAS IDADES TEMPERÁS, OS CONTOS SON UN BO RECURSO PARA EDUCAR NA IGUALDADE. HOXE NA AULA VIMOS  UNHA CURTA DE ANIMACIÓN, DO CONTO DA EDITORIAL OQO TITULADO "MARUXA". 

PARA QUE POIDADES COÑECER UN POUCO ESTE ÁLBUM ILUSTRADO, DÉIXOVOS UN VIDEO REALIZADO POLO CEIP DE COIRÓN.

Maruxa from Ceip Coiron on Vimeo.

22 de febreiro de 2017

DÍA DE ROSALÍA, ROSALÍATE

O DÍA 24 DE FEBREIRO, DATA NA QUE NACEU A ESCRITORA, CELÉBRASE O DÍA DE ROSALÍA. 
A AELG(Asociación de Escritor@s en Lingua Galega) ELEXIU O LEMA ROSALÍATE PARA A CONMEMORACIÓN DESTE ANO.
OS NENOS E NENAS DE 4 ANOS APRENDEMOS O POEMA "PARECE UNHA ROSA" E RECITÁMOLO ENTRE TOD@S. NESTE PEQUENO VIDEO FACEMOS UN PEQUENO AGASALLO A NOSA ESCRITORA NO SEU DÍA.

PARECE UNHA ROSA from Julia Pérez on Vimeo.

A NOSA POESÍA CO CÓDIGO QR. 
SE USAS UN LECTOR QR CO MÓBIL OU TABLET ACCEDERÁS AO VIDEO DO POEMA.

PREPARANDO O ENTROIDO

ESTAMOS APRENDENDO COUSAS SOBRE A CULTURA CHINA, COSTUMES, INVENTOS...XA QUE IMOS DISFRAZARNOS DE CHINESES.
DECORAMOS A PORTA DA NOSA AULA ENTRE TOD@S






PINTAMOS AS DÚAS PRIMEIRAS LETRAS DO NOSO NOME NO SOMBREIRO CHINÉS  PARA O NOSO DISFRACE E CONFECCIONAMOS  "FAROLILLOS" 

 QUE BEN QUEDARON OS "FAROLILLOS"!!!



9 de febreiro de 2017

GAMIFICACIÓN NA AULA

APRENDEMOS A TRAVÉS DO XOGO. 
ESTAS SON ALGUNHAS DAS APPS UTILIZADAS NA AULA, COMPARTILAS NO BLOG, É UN TRABALLO PENDENTE DESDE HAI TRES ANOS, QUE COMECEI  A USAR O IPAD NA AULA, ESPERO LEVALO A CABO ESTE CURSO.
APPS EDUCATIVAS
Na busca de material para traballar as habilidades sociais e o control de condutas disruptivas, atopei esta app o curso pasado.  Resultou un gran axuda para todos, un inicio para aprender a xestionar as emocións e a resolución de conflitos.
ASPECTOS SOCIO-AFECTIVOS
APP   Respira, pensa e actúa
Controlar condutas disruptivas na aula. App gratuíta tanto para ios como para   Android
Descrición: Hai que axudar ao monstro a calmarse, e a elixir a solución aos 5 conflitos diarios que se lle presentan.


Enlace a android
 Enlace a Ios:

LÓGICA-MATEMÁTICA
APP   10 dedos de MARBOTIC
Xogo intuitivo para familiarizarse coas cifras e  cos números.  Foi unha das primeiras apps que utilicei na aula.

   A aplicación traballa :
·      Asociación cantidade- grafía
·      Recoñecemento de números.
·      Iniciación á suma.
Está inspirada no método pedagóxico Montessori, que desenvolve conceptos abstractos a través de manipulacións. Posibilidade de mercar os números en madeira para usar coa aplicación.
Esta aplicación foi gratuíta, pero na actualidade é de pago.

Ofrece a posibilidade de traballar con números de madeira, resultando a actividades moito máis motivadora. Unha mostra do traballo na aula é a seguirte:


Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...