Amosando publicacións coa etiqueta GAMIFICACIÓN. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta GAMIFICACIÓN. Amosar todas as publicacións

18 de xuño de 2017

OS DINOSAUROS EN REALIDADE AUMENTADA

LIBRO CON REALIDADE AUMENTADA DA EDITORIAL BLUME

OS DINOSAUROS COBRAN VIDA GRAZAS A REALIDADE AUMENTADA, E VISITAN A AULA DE 4 ANOS. PODEN MOVERSE POLO ESPAZO, FÓRA DO LIBRO, E EMITEN SONS.
UNHA EXPERIENCIA INTERESANTE PARA OS PEQUES E MOI MOTIVADORA.

16 de xuño de 2017

FÁBULAS PARA NEN@S: A LEBRE E A TARTARUGA




LA LIEBRE Y LA TORTUGA. ARLOON KIDS


ARLOON É UNHA EMPRESA VALENCIANA QUE TEN CREADAS UNHAS  APPS  FANTÁSTICAS. UTILIZA A REALIDADE AUMENTADA EN TODAS, RESULTANDO A EXPERIENCIA DE APRENDIZAXE MOI MOTIVADORA E ENRIQUECEDORA TANTO PARA O PROFESORADO COMO PARA O ALUMNADO.



UNHA FORMA MÁIS DE GOZAR COS CONTOS!!!
COLOREAS OS PERSONAXES E APARECERÁN EN 3D, GRAZAS Á REALIDADE AUMENTADA. PODES ESCOITAR O CONTO EN INGLÉS E ESPAÑOL. NÓS ESCOITÁMOLO E INTERACCIONAMOS CON EL, NO ENCERADO DIXITAL. 
ESTAS SON AS FICHAS QUE COLOREARON OS NEN@S



















ESTAS IMAXES QUE APARECEN A CONTINUACIÓN SON OS PERSONAXES COLOREADOS POLO ALUMNADO.




9 de febreiro de 2017

GAMIFICACIÓN NA AULA

APRENDEMOS A TRAVÉS DO XOGO. 
ESTAS SON ALGUNHAS DAS APPS UTILIZADAS NA AULA, COMPARTILAS NO BLOG, É UN TRABALLO PENDENTE DESDE HAI TRES ANOS, QUE COMECEI  A USAR O IPAD NA AULA, ESPERO LEVALO A CABO ESTE CURSO.
APPS EDUCATIVAS
Na busca de material para traballar as habilidades sociais e o control de condutas disruptivas, atopei esta app o curso pasado.  Resultou un gran axuda para todos, un inicio para aprender a xestionar as emocións e a resolución de conflitos.
ASPECTOS SOCIO-AFECTIVOS
APP   Respira, pensa e actúa
Controlar condutas disruptivas na aula. App gratuíta tanto para ios como para   Android
Descrición: Hai que axudar ao monstro a calmarse, e a elixir a solución aos 5 conflitos diarios que se lle presentan.


Enlace a android
 Enlace a Ios:

LÓGICA-MATEMÁTICA
APP   10 dedos de MARBOTIC
Xogo intuitivo para familiarizarse coas cifras e  cos números.  Foi unha das primeiras apps que utilicei na aula.

   A aplicación traballa :
·      Asociación cantidade- grafía
·      Recoñecemento de números.
·      Iniciación á suma.
Está inspirada no método pedagóxico Montessori, que desenvolve conceptos abstractos a través de manipulacións. Posibilidade de mercar os números en madeira para usar coa aplicación.
Esta aplicación foi gratuíta, pero na actualidade é de pago.

Ofrece a posibilidade de traballar con números de madeira, resultando a actividades moito máis motivadora. Unha mostra do traballo na aula é a seguinte: