9 de febreiro de 2017

GAMIFICACIÓN NA AULA

APRENDEMOS A TRAVÉS DO XOGO. 
ESTAS SON ALGUNHAS DAS APPS UTILIZADAS NA AULA, COMPARTILAS NO BLOG, É UN TRABALLO PENDENTE DESDE HAI TRES ANOS, QUE COMECEI  A USAR O IPAD NA AULA, ESPERO LEVALO A CABO ESTE CURSO.
APPS EDUCATIVAS
Na busca de material para traballar as habilidades sociais e o control de condutas disruptivas, atopei esta app o curso pasado.  Resultou un gran axuda para todos, un inicio para aprender a xestionar as emocións e a resolución de conflitos.
ASPECTOS SOCIO-AFECTIVOS
APP   Respira, pensa e actúa
Controlar condutas disruptivas na aula. App gratuíta tanto para ios como para   Android
Descrición: Hai que axudar ao monstro a calmarse, e a elixir a solución aos 5 conflitos diarios que se lle presentan.


Enlace a android
 Enlace a Ios:

LÓGICA-MATEMÁTICA
APP   10 dedos de MARBOTIC
Xogo intuitivo para familiarizarse coas cifras e  cos números.  Foi unha das primeiras apps que utilicei na aula.

   A aplicación traballa :
·      Asociación cantidade- grafía
·      Recoñecemento de números.
·      Iniciación á suma.
Está inspirada no método pedagóxico Montessori, que desenvolve conceptos abstractos a través de manipulacións. Posibilidade de mercar os números en madeira para usar coa aplicación.
Esta aplicación foi gratuíta, pero na actualidade é de pago.

Ofrece a posibilidade de traballar con números de madeira, resultando a actividades moito máis motivadora. Unha mostra do traballo na aula é a seguinte:


Ningún comentario:

Publicar un comentario