23 de xuño de 2019

Web do proxecto "Alimentación saudable"

Esta web creouse para recompilar todas as actividades e recursos do proxecto "Alimentación saludable" realizadas polo alumnado de 4º.
BO VERÁN!!!

20 de xuño de 2019

Teatro escolar

Os/as artistas de 4º presentan as seguintes obras👏👏



Preme nos contos e accederás a todas as obras de teatro realizadas por 4º A e B

5 de xuño de 2019

Visita ao Museo Arqueolóxico Salinae

Interesante percorrido  pola única salina marina de evaporación solar conservada e musealizada de todo o Imperio Romano. 
Explicáronnos o funcionamento dunha instalación salinera e como os romanos producían sal na superficie das cubetas, así como os seus usos. Ensináronnos receitas de cociña dos romanos e elaboramos unha.

10 de maio de 2019

Plantas aromáticas

Plantas aromáticas: "Albahaca e pirixel. Plantamos en vaso de iogur para poder levalo e coidar na casa.

7 de maio de 2019

"A cazadora de estrelas"

Hoxe visitounos a  escritora María Canosa, autora do libro "A cazadora de estrelas". Ao seu carón,  descubrimos como naceu o seu libro e os valores humanos que acocha. Contounos moitas cousas sobre a súa vida, os seus estudos, a dificuldade de acceder a algún posto de traballo por ser muller... Asemade respondeunos a unha morea de preguntas que lle fixemos. Un momento especial e de boa conexión coa escritora.


30 de abril de 2019

Apadriñamento lector

O martes 30 de xaneiro, levouse a cabo na hora de ler a actividade de apadriñamento lector. A proposta desta actividade faise dende a Biblioteca do centro.
Cada alumno/a  de 4º B elixiu o libro que quería compartir co alumnado de 1ºB de Primaria.

26 de abril de 2019

Obradoiro de Expe-i-Ciencia CSIC con Luís Sampedro

O venres 26 de abril, ás 10:00 horas visitou o noso centro o biólogo Luís Sampedro, do grupo de xenética e ecoloxía forestal da Misión Biolóxica de Galicia do CSIC, cunha actividade titulada "Antártida, continente extremo" . Cóntanos as súas experiencias no proxecto de investigación levado a cabo na Antártida, de forma minuciosa e clara. Explica como é a Antártida, un lugar no que as pulgas de mar, afeitas a moverse a temperaturas de dous graos baixo cero, cócense cando as colles coas mans. Ensínanos fotos e vídeos que nos engaiolan. Fálanos do albatros xigante, dos pingüíns, das focas, dos leóns mariños... A través das precisas explicacións de Luís Sampedro, compréndese a repercusión que o quecemento global está a ter na zona do mundo que concentra a 70 % da auga doce. Un pracer que compartira con nós un pouco do seu bo facer.

12 de abril de 2019

Visitamos "El Halcón Milenario" con Federico Fernández

Na compaña de Federico Fernández, artista e ilustrador dunha morea de álbums ilustrados coñecidos por todos nós, visitamos a "Exposición de ilustración e libros infantiles"  en "El Halcón milenario" , local que pechará definitivamente as súas portas. A obra abrangue dúas décadas de traballo e céntrase en ilustración.
Foi un placer a visita, onde puidemos gozar de obras orixinais de libros explicados polo artista. Amósanos e explica as diferentes técnicas e materiais utilizados na súa obra ( a colaxe, acuarela, témpera...) e contesta as preguntas do alumnado sobre o seu traballo, a súa vocación como artista, os seus estudos...
Moitas grazas!



Plantamos na horta

Hoxe fixemos dúas prantacións:
 1. En testos reciclados


Dividida a clase en equipos, decoraron os testos con rotuladores, enchéronnos de terra e plantaron amorodos.






2. No bancal: Plantamos leitugas


5 de abril de 2019

Paseniño, Paseniño con Antonio García Teijeiro

O venres 5 de abril, na Biblioteca, Paseniño, paseniño con Antonio García Teijeiro fomos facendo o camiño. O camiño das letras, das palabras, dos versos, das cores, da primavera, da paz...DA POESÍA.
Estes son algún dos momentos compartidos con Antonio.

Podemos escoitar no seguinte video o alumnado de 4º recitando un poema na compaña do autor.






2 de abril de 2019

Achegándonos a Arte no Museo de Pontevedra

As investigadoras e investigadores de 4º desfrutaron buscando, observando e interpretando obras de pintor@s galeg@s.

2 de abril, Día Internacional do libro infantil

O 2 de abril é a data do nacemento de Hans Christiam Andersen.Este ano o cartel e a ilustración para promocionar esta data, en prol dos bos libros e a lectura correspóndelle a Lituania. O autor da ilustración e o texto é: Kęstutis Kasparavičius

   OS LIBROS FANNOS ACOUGAR


Aprende con esta animación un pouco sobre a vida de Hans Christian Andersen
Hans Christian Andersen from Tomàs Bases on Vimeo.

15 de marzo de 2019

Visita a Telepizza

Momentos da actividade "Pizzeros por un día" .

  • O alumnado colabora para convertir as materias primas iniciais en produtos de consumo final o través do seu proceso de produción.
  • Importancia do traballo en equipo para elaborar a pizza. 
  • Degustación da pizza