Amosando publicacións coa etiqueta ANIMACIÓN Á LECTURA. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta ANIMACIÓN Á LECTURA. Amosar todas as publicacións

7 de maio de 2019

"A cazadora de estrelas"

Hoxe visitounos a  escritora María Canosa, autora do libro "A cazadora de estrelas". Ao seu carón,  descubrimos como naceu o seu libro e os valores humanos que acocha. Contounos moitas cousas sobre a súa vida, os seus estudos, a dificuldade de acceder a algún posto de traballo por ser muller... Asemade respondeunos a unha morea de preguntas que lle fixemos. Un momento especial e de boa conexión coa escritora.


30 de abril de 2019

Apadriñamento lector

O martes 30 de xaneiro, levouse a cabo na hora de ler a actividade de apadriñamento lector. A proposta desta actividade faise dende a Biblioteca do centro.
Cada alumno/a  de 4º B elixiu o libro que quería compartir co alumnado de 1ºB de Primaria.

23 de abril de 2018

DÍA DO LIBRO, DESCUBRINDO A LICA

HAI UNHA SEMANA QUE COMEZAMOS AS ACTIVIDADES DE ANIMACIÓN Á LECTURA, CO NOVO ÁLBUM ILUSTRADO, PUBLICADO POR BEATRIZ FRAGA, TITULADO "LICA". 
A TRAVÉS DAS FORMAS (CÍRCULOS, TRIÁNGULOS, CURVAS, RECTAS...) NACE A PROTAGONISTA DESTE LIBRO.



CREANDO COAS FORMAS E INTERPRETANDO



















ANTES DE COÑECER O ÁLBUM, O ALUMNADO  POR GRUPOS,  SOBRE UN FONDO NEGRO, XOGA COAS FORMAS,  CREA E INTERPRETA  AS COMPOSICIÓNS RESULTANTES. 
ESCRIBIMOS UNHA LISTAXE ENORME DE POSIBILIDADES (PAXAROS, ÁRBORES, OLLOS...).
AS SEGUINTES FOTOS MOSTRAN ALGÚNS MOMENTOS DO PROCESO

10 de novembro de 2017

CONTACONTOS CON MIGALLAS TEATRO

O DÍA 26 DE OUTUBRO DESFRUTAMOS UN CONTACONTOS ESPECIAL CON PAULA CAMPOS E DAVID GONZÁLEZ DE MIGALLAS TEATRO. ESTE VIDEO É UNHA PEQUENA MOSTRA DESE DÍA

25 de outubro de 2017

CONTOS CON PEGADAS

HISTORIAS QUE DEIXAN PEGADAS NOS NENOS E NENAS QUE VEÑAN A ESCOITALAS.
MAÑÁ, DÍA 26 DE OUTUBRO, O ALUMNADO DE 5 ANOS ASISTIRÁ A UNHA SESIÓN DE CONTACONTOS CON BEA CAMPOS.
CONTARÁNNOS OS SEGUINTES CINCO CONTOS, DESPOIS TRABALLARANSE NA AULA



FICHA DESTA ACTIVIDADE


A CAMPAÑA IMPÓRTANOS é unha iniciativa do Consello Municipal de Cooperación Internacional e Solidariedade, órgano colexiado permanente de participación e punto de encontro entre o Concello de Vigo e as persoas e asociacións sen ánimo de lucro que traballan no ámbito da cooperación internacional e a solidariedade entre os pobos, dependente da Concellería de Política Social.

23 de xuño de 2017

PERSONAXES DE CONTO NA AULA DE 4 ANOS

QUE BO REMATE DE CURSO!!! OS NENOS E NENAS DE 4º DE PRIMARIA ESCENIFICARON DOUS CONTOS PARA O ALUMNADO DE 4 ANOS. 
VELAÍ UNHA PEQUENA MOSTRA DO ACONTECIDO NA NOSA AULA


8 de xuño de 2017

ANIMACIÓN Á LECTURA

O VENRES 3 DE XUÑO, ANTÓN JUSTO, ALUMNO DE 4ºA DE E. PRIMARIA, VISÍTANOS NA HORA DE LER.
COMPARTE CON NÓS UNHA HISTORIA DE CREACIÓN PERSONAL TITULADA " A MELLOR NOITE DA MIÑA VIDA"
OS NENOS E NENAS DE 4 ANOS DIVERTÍRONSE MOITO COA HISTORIA, E POR MOMENTOS BOTARON UNHAS BOAS GARGALLADAS.

27 de xaneiro de 2017

CARAPUCHIÑA VERMELLA NA HORA DE LER

OS NENOS E NENAS DE 4º DE PRIMARIA:  VIOLETA, AINARA, JULIA, RAQUEL, JUAN, ANXO, GABRIELA E AINHOA VISÍTANNOS NA HORA DE LER PARA REPRESENTAR UNHA NOVA VERSIÓN DO CONTO:"CARAPUCHIÑA VERMELLA". 
A ADAPTACIÓN DO CONTO FOI REALIZADO POLO ALUMNADO, E AOS NENOS E NENAS DE 4 ANOS GUSTOULLES MOITO!!! 👏👏

CARAPUCHIÑA VERMELLA from Julia Pérez on Vimeo.

11 de xaneiro de 2017

CONTOS, UN BO RECURSO PARA EDUCAR NAS EMOCIÓNS

MAÑÁ, XOVES 12 VISITARANOS RAQUEL QUEIZÁS , ACTRIZ E CONTACONTOS, PARA FACER UNHA ANIMACIÓN CO ALUMNADO DE CATRO E CINCO ANOS, DESTES TRES CONTOS DA EDITORIAL SM, PERTENCENTES Á COLECCIÓN: "CUENTOS PARA SENTIR". 
PREME NAS IMAXES E PODERÁS ACCEDER AOS CONTOS ONLINE E A ALGUNHA PROPOSTA DE ACTIVIDADES.



A AUTORA DESTES CONTOS É : BEGOÑA IBARROLA