NA PORTA DA AULA, OS PEQUES DE 4 ANOS, FIXEMOS ESTE PEQUENO MURAL PARA ILUSTRAR O POEMA "NUNCA REPARAS EN MIN" DE ANTONIO GARCÍA TEIJEIRO.
APRENDEMOS O POEMA, CANTANDO CO GRUPO MAMÁ CABRA
UN RATO DÍXOLLE Á LÚA:
-NUNCA REPARAS EN MIN;
POR ISO VIVO NA RÚA
METIDO NUN CALCETÍN.
ELA FITOUNO ABRAIADA.
DÉRONLLE GANAS DE RIR;
DAQUELA APAGOU A LÁMPADA
E DISPÚXOSE A DURMIR.
POLO DESPREZO DA LÚA,
O RATIÑO, ALPORIZADO,
BERROULLE CON MOITA FORZA:
- XA NON ESTOU NAMORADO!
ANTONIO GARCÍA TEIJEIRO
COMPLETAMOS O POEMA E DECORÁMOLO
FIXEMOS A PORTADA DO NOSO POEMA, UTILIZANDO DIVERSAS TÉCNICAS PLÁSTICAS.
OS NOSOS RATIÑOS NAMORADOS QUEDARON MOI VIVOS!!!
TAMÉN ESCRIBIMOS E DECORAMOS A ESTROFA DO POEMA:
A BOLBORETA AMARELA,
CANSA DE TANTO VOAR;
AQUELA PRIMAVEIRIÑA
CUN PAXARO FOI CASAR.
AOS PEQUES GÚSTALLES MOITO PINTAR E FIXERON ENCANTADOS A DECORACIÓN DOS POEMAS.
Ningún comentario:
Publicar un comentario