VISITA A 4º DE PRIMARIA
OS NENOS E NENAS DE 4º ELABORARON UNS PRECIOSOS POEMAS OLÍMPICOS E PUXÉRONNOS NA CORTICEIRA DO CORREDOR DA SÚA AULA.
CADA POEMA ESTÁ DEDICADO A UN DEPORTE E LEVA UN CÓDIGO QR, PARA PODER ESCOITALO.
OS NENOS E NENAS DE 5 ANOS SUBIMOS O NOSO IPAD PARA PODER LER O CÓDIGO QR, E ESCOITAR O POEMA. DESPOIS VISITAMOS A AULA E RECITÁRONNOS OS POEMAS.
GUSTÁRONNOS MOITO!!!
SOMOS ARTISTAS
FIXEMOS UNHAS MEDALLAS DE OURO ESTUPENDAS!!!
OS CONTOS NON PODEN FALTAR NA NOSA AULA
LEMOS O CONTO TITULADO "LA ABUELA PIRATA EN BUSCA DEL ORO OLÍMPICO"
DA AUTORA GERALDINE BURRANT
RESUMO: A AVOA PIRATA DECATOUSE DE QUE SE CELEBRAN UNHAS OLIMPÍADAS E, NA SÚA ÚLTIMA AVENTURA CO SEU VELLO AMIGO CAMARADA, MANS LONGAS, O SEU SUFRIDO CROCODILO E O RESTO DA TRIPULACIÓN, PROPÚXOSE CONVERTERSE NUNHA SUPERAVOA DEPORTISTA.
Ningún comentario:
Publicar un comentario