31 de xaneiro de 2018

VIAXANDO NO TEMPO CO NAUTILUS

RECIBIMOS A INVITACIÓN DO ALUMNADO DE TERCEIRO DE E. PRIMARIA  PARA QUE OS VISITEMOS NA 3º PLANTA DO COLEXIO E QUE NOS MOSTREN OS SEUS TRABALLOS PLÁSTICOS, SOBRE O NAUTILUS, OS FONDOS MARIÑOS, OS MERGULLADORES, A PONTE DE RANDE E O TESOURO QUE SE ATOPOU ALÍ. 
XA VOS IMAXINADES QUE O SEU PROXECTO DE AULA É SOBRE JULIO VERNE E A SEU LIBRO "20.000 LEGUAS DE VIAJE SUBMARINO".
OS CORREDORES E AS PORTAS DAS AULAS ESTÁN DECORADAS CON TEMAS E MENSAXES SOBRE O SEU PROXECTO.
CONVERSARON CON NÓS SOBRE OS PERSONAXES MÁIS IMPORTANTES DO LIBRO "20.000 LEGUAS DE VIAJE SUBMARINO"  E APRENDEMOS COUSAS INTERESANTES QUE NON COÑECÍAMOS DO CAPITÁN NEMO.
GUSTOUNOS MOITO QUE NOS ENSINASEN OS SEUS TRABALLOS. FOI XENIAL!!!


ESTA É A INVITACIÓN QUE RECIBIMOS NA AULA

Ningún comentario:

Publicar un comentario