HOXE VISITOUNOS FINO CASTRO, O PAPÁ DE MARTIÑA, PARA ACHEGAR A ARQUITECTURA, AOS NENOS E NENAS DA AULA, A TRAVÉS DUN OBRADOIRO MOI INTERESANTE.
TRÓUXONOS A FOTO DE DOUS ARQUITECTOS VIGUESES, PRESENTES NA NOSA PAISAXE URBANA, QUE XA COLOCAMOS NO RECUNCHO DO NOSO PROXECTO SOBRE VIGO.
CADA NENO OU NENA PINTOU UN EDIFICIO DE VIGO. FALOUNOS UN POUCO DELES E DOS ARQUITECTOS QUE OS DESEÑARON.
UNHA VEZ COLOREADO BUSCABAN O SEU EDIFICIO (TEATRO GARCÍA BARBÓN, ESCOLA DE ARTES E OFICIOS, EDIFICIO SANCHÓN...) NUNHA FOLLA MÁIS PEQUENA PARA COLOCALA NO PLANO DA NOSA CIDADE E FACER UNHA MAQUETA.
TROUXO UN PLANO DA RÚA GARCÍA BARBÓN ATA POLICARPO SANZ, SITUANDO NEL UNHAS ESCULTURAS MOI COÑECIDAS POLOS PEQUES, "O SEREO" E "GARCÍA BARBÓN". TAMÉN O PLANO DO COLEXIO.
DESCUBRIMOS MOITAS COUSAS DA CIDADE ONDE VIVIMOS
Ningún comentario:
Publicar un comentario