26 de abril de 2019

Obradoiro de Expe-i-Ciencia CSIC con Luís Sampedro

O venres 26 de abril, ás 10:00 horas visitou o noso centro o biólogo Luís Sampedro, do grupo de xenética e ecoloxía forestal da Misión Biolóxica de Galicia do CSIC, cunha actividade titulada "Antártida, continente extremo" . Cóntanos as súas experiencias no proxecto de investigación levado a cabo na Antártida, de forma minuciosa e clara. Explica como é a Antártida, un lugar no que as pulgas de mar, afeitas a moverse a temperaturas de dous graos baixo cero, cócense cando as colles coas mans. Ensínanos fotos e vídeos que nos engaiolan. Fálanos do albatros xigante, dos pingüíns, das focas, dos leóns mariños... A través das precisas explicacións de Luís Sampedro, compréndese a repercusión que o quecemento global está a ter na zona do mundo que concentra a 70 % da auga doce. Un pracer que compartira con nós un pouco do seu bo facer.

1 comentario:

  1. Excellent post. I really enjoy reading and also appreciate your work. This concept is a good way to enhance knowledge. Also, check in loving memory quotes

    ResponderEliminar