Festexando a nosa Lingua, "O GALEGO", e porque nos sentimos orgullosos e orgullosas de poder comunicarnos nunha lingua tan fermosa. Para facer unha actividade todos xunt@s propóñovos unha simpática e sinxela actividade: Primeiramente tedes que escoitar esta fermosa música do vídeo desta entrada, xa veredes como deseguida tedes ganas de bailar. Despois simplemente sacades unha foto ou pequeno vídeo bailando ( pode ser só, en parella, coa vosa mascota, con toda a vosa familia.....) e enviádea ao meu correo para facer unha montaxe, que nos lembrará esta peculiar celebración das Letras Galegas 2020
"CALQUERA PROBLEMA DO MUNDO PÒDESE ARRANXAR BAILANDO" James BrownLibro Lim sobre o autor onde traballamos con fragmentos de textos da súa obra
Xogo sobre o conto titulado "As pitas baixo a chuvia". Preme na imaxe.
ACTIVIDADES PARA A SEMANA DAS LETRAS GALEGAS
Este genially é moi completo, con moitas propostas para facer ao longo da semana.
Animádevos!!! eu encantada de recibir os vosos traballos.
Ningún comentario:
Publicar un comentario